Encontro no Mediterráneo
Kayakdemer e Neree organizan para o 22, 23 e 24 de maio un encontro de kaiakistas do Mediterráneo. Os interesados en acudir poden conseguir máis información na páxina kayakdemer. Tamén o Pagaia Club de Caiac ofrece toda a información sobre este evento e a posibilidade de inscribirse a través da súa páxina.
Rumbo Sur

Rafanook acaba de comezar unha bonita aventura. Chámalle Travesía en solitario rumbo sur. Comezou en Alacante. Pero só el sabe onde sabe onde vai rematar! Segue as súas peripecias no foro de kayakdemar.
As fotos da Travessia
Case 50 persoas participaron na Travessia de Primavera Goltziana 2010. Dous días de ruta coa Albufeira do Alqueva ó máximo do seu nivel. Enviáronnos estas fotos para que moita máis xente se anime a sumarse a esta convocatoria no próximo ano.
Dragóns de mar
O Club Náutico Oropesa prepara a VI Concentración de Dragóns de mar para os vindeiros 5 e 6 de xuño. Remítennos este cartel cos datos básicos do evento. Para máis información consultade aquí a páxina do Club Náutico Oropesa e para inscricións contactade co 629914401 ou enviade un correo a kayak@cnoropesa.com.
Mulleres monitoras
A Federación Española de Piragüismo vai subvencionar un curso de monitores dirixido a mulleres. Xa se puxeron en contacto coas federacións de cada comunidade para saber se habería persoas interesadas en recibir este tipo de formación. Se vos atrae a idea poñédevos en contacto co voso clube de referencia ou coa Federación Galega de Piragüismo... Mira aquí a circular remitida pola Fegapi ós clubs.
Gaspar en Cangas
Gaspar volveu facer das súas esta fin de semana e deulles un bo susto ós participantes no Campionato Provincial de Traiñeiras que se celebrou en Cangas. O cetáceo estaba algo nervioso (xa sabemos que se achega ó oír o barullos das pas na auga) e mesmo acabou algo enfadado e facendo voar os remos polo aire. Se padexades estes días polo Morrazo andade con ollo e, sobre todo, seguide as recomendacións que elaborou o CEMMA para todos aqueles que se atopen a Gaspar no mar. El é habitualmente un ser moi sociable, pero os seus catrocentos quilos poden resultar un perigo serio para nós.
Borrasca, borrasca...
Engadimos na nosa sección do tempo unha nova entrada. "Máis páxinas de meteoroloxía" é para os que queiran ter controlado minuto a minuto tódalas prediccións.
Só para mulleres
Apetécevos un simposium de kaiak só para mulleres?Estano preparando en Michigan. Será do 10 ó 15 de agosto. Organízano as coñecidas como Damas do Lago. Consulta aquí o tódolos detalles desta convocatoria.
Tódalas rutas de Goltziana
Goltziana acaba de enviarnos o seu programa de actividades para o 2010. Aquí inclúense tódalas rutas previstas para este ano, incluída a da Travessia na Albufeira do Alqueva, da que xa demos conta hai días. Este mapa que vedes á esquerda é precisamente o da ruta que se vai facer no Alqueva.
Tolos polos esquimos
Máis páxinas para os que non poidan tirar as esquimotaxes da cabeza. Fai click aquí. Graciñas Rajqui.
Máis fotos de Muxía
Unha proposta para o verán
Enigma pasa a súa primeira proba na auga
Suscribirse a:
Entradas (Atom)