Primeiras Xornadas Técnicas da AGKM

A próxima Semana Santa celebraranse as Primeiras Xornadas Técnicas da Asociación Galega de Kaiak de Mar. Xa está confirmado que serán en Muxía. O concello cedeu un edificio novo no centro da vila (chámanlle “o mercado”), con todo o necesario para desenvolver as actividades previstas.

Este é o programa que acaba de chegarnos e a información necesaria para a inscrición.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
PRIMEIRAS XORNADAS TÉCNICAS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE KAIAK DE MAR
Este é o programa que se vai desenvolver entre o 1 e o 4 de abril pendente de concretar os horarios.

• Rutas accesibles de navegación
• Cursos de esquimos (iniciación e avanzado)
• Técnicas de palada
• rescates e remolques
• Ioga aplicado ó kaiak
• Taller de customización dos kaiaks
• Taller de tuiliq
• Coloquios sobre navegación en grupo, expedicións e kaiak tradicional.
• Cartas Mariñas
• Comunicacións VHF
• Hipotermia.
• Charlas sobre meteoroloxía mariña e sobre correntes e mareas no noso litoral.

Inscricións:
Para sufragar os gastos da organización das xornadas, puxemos as seguintes cotas de inscrición:Participantes socios: 35 €Participantes non socios: 70€Acompañantes: 15 €Acompañantes menores de 14 anos: 10 €Na cota de inscrición dos participantes está incluida a súa participación en tódalas actividades,seguro de accidentes e asistencia sanitaria durante as xornadas e cea do sábado 3 de abril.A cuota dos acompañante inclúe a libre asistencia as charlas e coloquios, e á cea do sábado.
As inscricións poderánse facer nuns días dende a propia páxina web da AGKM (e tamén dende este blog). O formulario de inscrición permite tramitar ata catro xuntas dunha vez. Una vez completado o formulario ingresade o importe que resulte na conta da AGKM en Caixanova: 2080 0155 12 0000043174, facendo constar o nome de quen fai o ingreso e o concepto. O prazo de inscripción remata o mércores 24 de marzo.


Aloxamento:
O aloxamento non se inclúe na inscrición, polo que vai por conta dos asistentes. Aínda que as opcións son moi amplas, con boa información na páxina web do Concello(www.concellomuxía.com), trataremos de centrarnos no Camping de Leis, o mesmo que o ano pasado. Para facilitar o aloxamento dos que o desexen, nese camping temos reservadas unhas corenta prazas de bungalows e apartamentos, a razón de 40 € por bungalow apartamento/día, que poderedes ir reservando a través do correo da AGKM:administracion@agkm.org. O aloxamento en tenda ou caravana debédelo de reservar no propioCamping de Leis (981730304).

Finalmente, tede en conta que o que se organiza pola AGKM son únicamente as actividadesincluidas no programa durante eses catro días de abril. Calquera outra actividad está fora daorganización e da responsabilidade da AGKM.

CURSOS

Kaiakpedia

kayakpaddling.net. (Un manual básico en español).

Tradución do vídeo de Gordon Brown.

Ocean Paddler nº18 (The sea kayaking magazine).

Ocean Paddler Tv.

Guía de boas prácticas en quedadas. (AGKM).

Seguridade no mar. (Carmen Adell).

MANOBRAS PASO A PASO

A BIBLIOTECA DO KAIAK

Kayak de Mar Manual completo
(Derec C. Hutchinson /Paco García)

El kayak de mar
(Javier Knör)

Sea Kayak
(Gordon Brown)

Guía Ilustrada de Kayak de Mar
(John Robison)

El Kayakista de Mar
(David Seidman)

Guía Práctica de Kayak y Canoa
(Bill Mattos)

Máis libros...

Natureza costeira

mar por dentro

CEMMA

Archivo del blog

Seguidores de kaiakemar

Visitas

contador de visitas dende o 25/01/2010